Rodrigo Seoane, chef de Artesana Gastrobar (Santiago de Compostela), coroouse como o gran triunfador da décima edición de “Sete Cidades, Sete Sabores”. Este prestixioso certame, impulsado pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo principal promocionar o turismo urbano galego a través da súa rica e vangardista gastronomía.
A disputada final, celebrada o pasado 30 de xuño, reuniu a sete dos chefs máis destacados de Galicia. O evento ofreceu aos asistentes unha experiencia gastronómica única e inesperada: un percorrido culinario condensado polas sete grandes cidades galegas nunha soa escapada.
Castelo da Rocha
Tradición galega con esencia xaponesa. A tapa gañadora, bautizada como “Castelo da Rocha”, logra transformar un prato tradicional da cociña galega nunha experiencia culinaria moderna e sorprendente. Con esta elaboración, Rodrigo Seoane viaxa aos sabores da súa infancia na Rocha, tecendo un fío de memoria histórica e familiar:
A base: Un estofado de coello cociñado lentamente ata acadar unha textura melosa e de gran potencia gustativa.
O contraste: O guiso escóndese tras o veo dunha fina gyoza (empanadilla xaponesa), que ao morderse libera toda a esencia da cociña caseira de sempre. Un auténtico monumento á fusión contemporánea.
O toque vangardista: Unha redución de salsa perfumada con notas cítricas de yuzu e follas de limón aporta frescura ao conxunto.
O remate: Unha sutil escuma de chirivía combinada coa mestura xaponesa de sete especias (shichimi togarashi) introduce un matiz aromático que leva esta tapa a outro nivel.
Tanto polo seu sabor como pola súa impecable presentación, esta proposta convértese nunha porta de entrada ao paraíso da fusión cultural.
Rodrigo Seoane: Unha palma de éxito para Artesana Gastrobar
O triunfo en “Sete Cidades, Sete Sabores” consolida a figura de Rodrigo Seoane no panorama gastronómico actual. Como recolle La Voz de Galicia:
“O chef compostelán, que se converteu en xefe de cociña de Artesana Gastrobar tras unha sólida traxectoria de catorce anos en hoteis de cinco estrelas nas Baleares e, xa na súa terra, tras traballar con Lucía Freitas, inspirouse nas súas orixes na Rocha para a súa premiada elaboración”. “Sentímonos moi orgullosos de sacar esta tapa e de gañar os dous premios. É unha cousa moi boa para min e para o equipo que se recoñeza o noso traballo e o bo facer”, un poco máis calmo, dixo unhas palabras o chef Seoane ó diario Quincemil.
A gran final do concurso foi un espectáculo, cocina aberta e show en vivo, a décima edición “Mellor Cociñeiro de Tapas Sete Cidades, Sete Sabores” máis que palabras, diu moitos sabores para degustar.
Fuente: El Correo Gallego